Aparece morto un mariñeiro de Rianxo preto dos Lombos do Ulla

    morto_carril_100_290110_copia.jpgA ILLA> Varios mariñeiros de A Illa, atoparon a barca do falecido dando voltas e o home tumbado dentro.

    {flowplayer}images/salnes/MORTO_CARRIL.flv{/flowplayer}

    Ás 8.45 da mañá, o servizo de gardacostas recibiu unha chamada da confraría de A Illa, informando dos problemas de saúde dun mariscador. Por seguridade, o corpo do home foi trasladado á batea da Xunta onde se pesa o marisco. Os servizos de emerxencia non puideron facer nada por salvala súa vida.

    O mariscador, natural de Rianxo, acudiu como cada día, ás 8.30 a traballar. Dedicou toda a súa vida ó mar. O corpo sen vida foi trasladado ó porto de Carril, onde o xuíz procedeu ó levantamento do cadáver. Todo apunta a unha morte natural, pero haberá que esperar á autopsia para coñecer máis datos.

    Redacción Salnés