Denuncian que o edil de Cultura xustificou subvencións con actividades do PP

     VILAGARCÍA> O PSOE achegou numerosa documentación que acredita que a asociación xuvenil Dobre Espacio, que preside Francisco González, …

    {flowplayer}images/salnes/PSOE_VILAGARCIA_190413.flv{/flowplayer}
     
    … actual edil de Cultura de Vilagarcía, recibiu nos últimos nove anos preto de 150 mil euros, en subvencións do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e da Consellería de Traballo e Benestar. Isto choca coas declaracións feitas no seu día polo edil de Cultura que entendía que a cultura non debía subvencionarse, para xustificar os recortes de axudas ós colectivos sociais e culturais do Concello.
     
    Os socialistas tamén denuncian que a asociación de González xustifica varias das súas actividades con reunións celebradas na sede do PP de Vilagarcía, e con ceas como a que Novas Xeracións organizou en 2010 en Teo en solidariedade con Haití.
     
    O PSOE indicou que está a investigar se existe un tramado escuro de captación de subvencións, e entende que, o edil de Cultura debería presentar a súa dimisión.
     
    Redacción Salnés