Cambados acollerá un campionato internacional de Powerlifting

CAMBADOS> O ximansio Vital Sport en colaboración co concello de Cambados continúan apostando polo deporte de altos pesos. Nesta ocasión organizan por primeira vez un campionato internacional de powrlifting. Modalidade de levantamento de pesas. O torneo terá lugar no Salón Peña ao longo da fin de semana.

O ximnasio Vital Sport de Cambados estase consolidando como un dos principais organizadores de campionatos de altos pesos. A longo dos últimos anos a vila acolleu numerosos campionato autonómicos e nacionais de diferentes disciplinas de culturismo. Nesta ocasións, os organizadores, contando coa habitual colaboración do concello, dan o salto a un torneo internacional de powerlifting.

Powerlifting é unha deporte de levantamento de pesas que require de moita forza e potencia. Divídese en tres modaidades: Press banca, peso morto e sentadillas.

O Powerlifting tamén inclúe a especialidade Raw que consiste en competir sen ningún tipo de protección para os músculos ou articulacións.

No campionato participarán máis de 30 competidores tanto na categoría masculina como feminina. Entre eles atopamos un representante da contorna, Carlos García Berride. O torneo disputarase no Salón Peña o sábado a partir das 16 horas e o domingo de 10 a 13 horas. A entrada é gratuíta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí