PP e IVIL xúntanse para criticar a ‘prepotencia’ do bipartito

    pp_ivil100.jpgVILAGARCÍA> Por primeira vez en moitos anos o PP e Ivil sentáronse xuntos, nesta ocasión, para criticar a ‘prepotencia’ do bipartito.

    {flowplayer}images/salnes/pp_ivil.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Por primeira vez en moitos anos o PP e Ivil sentáronse xuntos á mesma mesa e amosaron un acordo que podería ser o primeiro paso cara a reunificación de ambas formacións. Algo do que nin uns nin outros queren falar inda.

    O sábado ofreceron unha rolda de prensa conxunta para criticar de ‘prepotente’ ó equipo de goberno, sobre todo á alcaldesa Dolores García. Tanto Ivil como o Partido Popular están moi molestos coa actitude do bipartito, ó que critican tamén por desoír as súas peticións de información. De feito, Rivera Mallo, pedirá amparo ó Valedor do Pobo.

    Pero, a pesar disto, non pensaron nunha moción de censura, sobre todo porque precisarían do apoio doutra formación, o que polo de agora ven moi complicado. Fole e Rivera Mallo estiveron arroupados nesta comparecencia por catro dos edís do PP, só faltaron Marta Rodríguez e Rocío LLovo, e tamén polo ex edil Juan Maneiro.

    RESPOSTA DO BIPARTITO

    O bipartito de Vilagarcía cualifica de curiosa a imaxe PP e IVIL na rolda de prensa conxunta e considera que responde á dramática situación que está a vivir o Partido Popular para definir o seu cartel electoral, e ó discurso electoralista nos que ambas formacións nos queren meter xa. Para o goberno local, só así se pode explicar que o PP apoie a IVIL nun acto, que cren, carente de razóns no seu contido.

    En canto as razóns que moveron a Rivera Mallo a esquecer por uns minutos as diferenzas con Fole, o bipartito cre que poden deberse ó nerviosismo que ó independente lle debe estar a causar o desalentador panorama que terá que afrontar de cara ás municipais. Sobre a intención de que IVIL acuda ó Valedor do Pobo, o goberno vilagarcián di que está no seu dereito, pero que haberá que ver se admiten a trámite a súa denuncia e, de ser o caso, se lle dá a razón.

    Redacción Salnés