A Ruta do Pai Sarmiento comeza o proceso para converterse en Camiño Histórico

    VILANOVA> O alcalde de Vilanova deu conta esta mañá da petición que lle trasladou á Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez. Nunha reunión mantida onte, Gonzalo Durán transmitiulle o seu obxectivo de que se inclúa a Ruta do Pai Sarmiento no catálogo de Camiños Históricos de Galicia. É unha petición que vén de atrás e que na reunión mantida onte entre o alcalde de Vilanova e a Directora Xeral de Patrimonio Cultural volveu saír sobre a mesa. É a inclusión da Ruta do Pai Sarmiento no Catálogo de Camiños Históricos de Galicia. A Ruta do Pai Sarmiento, o percorrido de 190 quilómetros que une Pontevedra con Santiago, a través da costa das rías de Pontevedra e Arousa, rememora a viaxe que fixo o fraile con este mesmo nome noano 1745. Unha variante do camiño que conta cada ano con máis visitantes. O rexidor vilanovés aproveitou a reunión coa Directora Xeral, para facer outra solicitude. Pedir o apoio da Xunta para desenvolver o proxecto que se prevé na escavación dos restos arqueolóxicos de Cálogo. Existe a constancia de que nesta zona de Vilanova hai un castro. Trataríase dun asentamento romano e dun mosteiro posterior que quedou derruído e do que agora case non quedan vestixios. A idea do goberno local é comezar as escavacións nesta zona este mesmo verán. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/03/duran_ruta_pai_sarmiento_03052017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/03/duran_ruta_pai_sarmiento_03052017.mp4{/flowplayer}