![]()
BARRO> O Conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, fixo este anuncio onte na inauguración da mellora da estrada Goulla – Porráns.
{flowplayer}images/salnes/goulla_porrans.flv{/flowplayer}
BARRO> A Deputación de Pontevedra inaugurou onte a mellora da estrada Goulla – Porráns, despois de máis de oito anos en obras, nas que traballaron ata catro empresas distintas.
O presuposto da actuación ascendeu a dous millóns e medio de euros e vén a reforzar a seguridade viaria nos concellos de Meis, Barro e Portas. Na estrada Goulla – Porráns quedan inda obras importantes por facer como a dotación de beirarrúas, tamén resolver un embudo na parroquia de Portela, en Barro, onde houbo que expropiar.
Os alcaldes de Barro, Meis e Portas aproveitaron a presenza do conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, para pedirlle que non se esqueza dos concellos pequenos. Este prometeulles actuacións como a dotación de servizos en Briallos, en Portas, o proxecto das marxes do río Barosa en Barro, ou rematar a avenida de Cambados, en Meis. Ademais anunciou que as obras da autovía Pontevedra – Vilagarcía se iniciarán ó longo deste ano.
Outra mellora que hai en marcha, neste caso por parte da Deputación, é a estrada Caldas –Vilanoviña, entre Portas e Caldas, que segundo Louzán, se estreará en tres meses.
Redacción Salnés








