As nenas e nenos do Cra de Valga adiantáronse a Eurovision coa celebración do Festivalga

VALGA> O festival de Eurovisión tamén se celebra no concello de valga. O Cra da vila organizou no auditorio o seu propio certame denominado festivalga  e no que actúa o alumnado dos seis centros do municipio. No festival tamén participan a través de videoclips pais, nais, mestres e alumnado doutros centro de toda a contorna.

O concello de Valga conta co seu propio festival de eurovisión, aínda que non seu caso chámase Festivalga. Un certame non que non faltan as bandeiras, a música e as votacións como no propio certame que este ano se celebrará en Italia. A iniciativa é posible grazas ao Cra de Valga.

No auditorio de Valga tivo lugar a gala final, na que actuaron as 6 escolas do municipio con cancións e bailes ensaiados durante as últimas semanas.

Pero o festival ía máis alá que as actuacións de esta gala final, e é que o certame de Valga comezou a competición hai semana, xa que tanto o alumnado dos cra, como os pais, nais e mestres así como alumnado doutros centros podían anotarse enviando os seus vídeoclips ao Cra de Valga.

Entre os gañadores finais atópanse: na categoría grupo infantil a escola de Pazos do Cra Nosa Señora do Faro de Ponteceso polo tema Terra, na categoría docente a escola municipal de Valga e o Cra de Rianxo e na categoría especial o Codi de Valga. Pero á marxe dos premios, a xornada serviu para que os nenos e nenas gozase cunha actividade cultural, musical e de unión como é o Festivalga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí