O BNG pide que se inclúa o Auditorio na Rede Galega de Teatros

    bngrianxoauditorio.jpgRIANXO> Os nacionalistas rianxeiros sinalan que é o principal instrumento para a promoción da distribución das producións escénicas galegas.

    Segundo a voceira nacionalista, Adelina Ces, un ano despois de inaugurarse o recinto é necesario activar un regulamento de usos deste espazo, do que se carece actualmente, ademais de incorporar persoal suficiente e acorde coa demanda para garantir a apertura plena do recinto.

    A nacionalista sinala que o novo auditorio apenas abre polas tardes ó público, agás casos excepcionais, e nas súas instalacións aínda non se instalou a biblioteca, co que ten un importante baleiro no seu espazo.

    {flowplayer}barbanza/bngrianxoauditorio.flv{/flowplayer}

    Ademáis dende o concello non se dá atendido ás demandas dos colectivos da localidade que desexarían empregar máis estas instalacións e que dende hai tempo veñen reclamando a creación dun regulamento consensuados coas propias entidades culturais para facilita-lo acceso xeral ó equipamento do recinto.

    Regulamento de usos

    Dende o BNG rianxeiro sinálase tamén que o concello neste ano 2010 aínda non realizou os trámites para integrarse na Rede Galega de Teatros e Auditorios, o eixe sobre o que gravita boa parte da programación teatral, de danza e musical de calidade en Galicia e que permitiría ampliar o abano de actuacións que se ofrecen para os veciños do municipio.

    Por esta razón a formación frentista solicitará formalmente no próximo pleno que o executivo local impulse un proceso participativo para adoptar ese regulamento de usos, que o dote do persoal necesario para abrir en horario amplo as instalacións e se realicen os trámites para incorporarse á Rede Galega cunha programación profesional e afeccionada acorde a este concello.

    Redacción Barbanza