RIBEIRA> A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou a sede do Club de Piragüismo Rías Baixas en Boiro. A entidade resultou beneficiaria de diversas liñas de axuda autonómicas para a adquisición de novas embarcacións e o patrocinio en alta competición.
Os últimos éxitos acadados polo Club Piragüismo Rías Baixas non só a nivel nacional senón en competicións mundiais avalan a traxectoria da entidade con sede en Boiro. De aí,a a posta da Xunta de Galicia pola promoción do club e os seus deportistas a través de varias liñas de axudas que supuxeron unha achega total de preto de 50 mil euros.
Ademais do patrocinio da alta competición e o desenvolvemento das actividades do club, a achega autonómica permitiu a adquisición de tres embarcacións K1.











