Ares instará á Xunta a que remate o Plan de mellora da AC 305

    mellorasacboiro_100_02022010.jpgBOIRO> O edil de Obras boirés pedirá que se executen melloras na iluminación do último tramo e que se habiliten beirarrúas en Vilariño.

    Segundo Xoán Xesús Ares a entrada a Boiro dende a zona de Vilariño presenta importantes eivas, que se viron incrementadas unha vez rematadas as obras de construción da autovía do Barbanza. A primeira delas é a falla de iluminación neste tramo da estrada AC-305, así como tamén a inexistencia de beirarúas. Dúas cuestión básicas hoxe en día e que aumenta a perigosidade na zona, tanto para os peón como para o incesante tráfico de entrada e saída a Boiro.

    {flowplayer}barbanza/mellorasacboiro.flv{/flowplayer}

    Ares tamén se referiu á situación que presentan outros tramos desta estarada ó seu paso polo municipio, como é o caso de Escarabote. Así sinalou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas debería dotar ó vial cunha nova berarrúa, xa que actualmente tan só existe nunha das marxes da mesma.

    Segundo explicou o edil de obras estas dúas actuacións xa estaban contempladas nun plan de mellora da seguridade vial desta estrada elaborado polo anterior goberno bipartito na Xunta do que agora nada se sabe.

    Redacción Barbanza