A Marea de Noia levará ó Parlamento a falta de equipamentos para a vila

NOIA> Para a formación trátase de obras primordiais no eido social e sanitario como son a gardería municipal, o centro de día e a construción dun novo centro de saúde. Nun encontro mantido esta mañá polos membros da Marea de Noia coa deputada do grupo parlamentario de En Marea, Eva Solla, trasladáronlle a esta a necesidade de dotar á localidade de tres equipamentos para eles básicos para o municipio como son a gardería municipal, o centro de día e a construción dun novo centro de saúde, xa que o actual está moi obsoleto e non cumpre coas necesidades que teñen hoxe en día os veciños de Noia. O grupo de En Marea levará ó Parlamento estas demandas a través de diversas proposicións non de lei para que o Goberno da Xunta asuma canto antes estas carencias.