Malestar en Ribeira pola exclusión das axudas do paro biolóxico do polbo

    RIBEIRA > Malestar en Ribeira ante a decisión da Consellería de Pesca de excluír das axudas do paro biolóxico do polbo ós armadores que se dedican á captura deste cefalópodo coa arte tradicional da liña ou o cordel, en lugar de emprega-la nasa. En Galicia hai actualmente unhas 20 embarcacións afectadas por esta decisión, das cales aproximadamente 12 corresponden a mariñeiros ribeireses, que deste xeito non teñen dereito a subsidio.

    polbo_300_260506.jpgOs afectados amosaron o seu malestar por esta situación, aludindo a que se sinten discriminados por parte da Administración Autonómica, que os deixou sen a posibilidade de acceder ás axudas a pesar de cumpri-los requisitos establecidos para poder acollerse ó paro como son certificar que capturaron máis de 1.500 quilos de polbo en dous anos e terse dedicado a esta especia alomenos 70 días nese período.

    Fontes da propia Consellería de Pesca informaron xa que se lles está a buscar unha solución satisfactoria a estes mariñeiros afectados polo que non sería nada descartable que en breve foran tamén incluídos tamén nas axudas.

    Redacción Barbanza