![]()
RIBEIRA> Os alumnos-traballadores do obradoiro de emprego Illote Noro 2 de Ribeira iniciaron o arranxo deste roteiro.
O camiño no que están a traballar dende hai varios días ten medio quilómetro de lonxitude aproximadamente, entre a zona dos xulgados e o anfiteatro de San Roque.
Unha das principais actuacións que se realizarán sobre o mesmo será o adoquinado do tramo máis próximo á cidade, nunha extensión de 250 metros, un labor que será efectuado polos alumnos da especialidade de albanelería.
{flowplayer}barbanza/sendapeonilribeira.flv{/flowplayer}
Estes operarios están a levar a cabo tamén o arranxo dos pasos de pedra escalonados existente e que en certas zonas diminúen a dificultade da subida e da baixada ante o desnivel existente. No resto do camiño está previsto a dotación de zahorra. Os alumnos do módulo de xardinería encargaranse de desbrozar e ensancha-lo camiño, mentres que os de carpintería construirán carteis indicadores para mellorar a sinalización da vía.
A través desta obra o executivo ribeirés pretende darlle un maior impulso ó parque periurbano, a escasos metros do casco urbano da cidade, e cun gran valor turístico, medioambiental e de lecer. Dende o concello agardan a que os traballos se prolonguen non máis alá de dous meses e todo dependerá das condicións metereolóxicas existentes.
Con esta actuación o executivo local pretende fomentar lo uso desta vía por parte de veciños e visitantes a Santa Uxía.
Redacción Barbanza










