Ribeira lidera a suba do PIB entre os municipios galegos de máis de 20.000 habitantes

    RIBEIRA> Ribeira foi o municipio galego de máis de vinte mil habitantes que máis medrou en produto interior bruto entre os anos 2010 e 2012. Os datos foron dados a coñecer polo propio executivo ribeirense en base ó informe do Instituto Galego de Estatística. Ribeira non só é unha das dúas únicas localidades que, xunto con Arteixo, experimentaron un crecemento positivo, senón que é o concello onde a economía local máis se incrementou cun 6,2%, pasando de máis de 514 mil euros a máis de 546 mil. Concellos veciños de máis de vinte mil habitantes como é o caso de Vilagarcía ou Pontevedra decreceron nun 6’4 e nun 4’5% respectivamente. Outro dato de interese é que no ano 2012 o PIB de Ribeira situouse en 19.678 euros por habitante, o máis alto da comarca do Barbanza seguido da Pobra con 18.235 euros ou Noia con 16.348.