O BNG da Pobra esixe un regulamento de participación cidadá eficaz e non arbitrario

    POBRA> O BNG da Pobra denuncia a ausencia dun órgano real de participación cidadá. Critican ó executivo por convocar asembleas en lugar de levar os temas de interese municipal a pleno e reunir á xunta de goberno local. Segundo a agrupación nacionalista, o executivo pobrense está a facer un uso perverso da tan proclamada participación cidadá. Refírense especialmente á asemblea convocada para debater o futuro centro de saúde xa que non conta cun regulamento específico nin de participación nin de aplicación real posto que as decisións que alí se tomen non son vinculantes. Fronte ó que cualifican de comedia, o BNG insta ó executivo a levar os temas de interese municipal ó pleno, foro onde deben ser debatidos. Para favorecer a implicación dos veciños nos asuntos de interese local piden a aprobación dun regulamento de participación cidadá que garanta de xeito efectivo a súa capacidade de decisión.