Noia traballa na procura da distinción Municipio de Interese Turístico

intereseturistico_100_04022010.jpgNOIA> Segundo explicou a edil de Turismo, Alicia Pombo, o concello reúne requisitos suficientes para ser merecedor desta titulación.

Non hai dúbida algunha que o concello de Noia reúne importantes recursos turísticos como o seu casco histórico, onde se emprazan monumentos de destacado interese arquitéctonico e patrimonial como as igrexas de Santa María a Nova e San Martiño ou o pazo do Forno do Rato.

Tamén recibe moitos visitantes atraídos pola beleza das súas praias, a súa gastronomía ou as festas como a feira medieval ou o entroido.

Perante isto, dende o grupo de goberno noiés consideran suficientemente xustificado que a vila podía obter sen dificultades o título de municipio de intereses turístico galego. Dende hai varios meses a responsable do departamento de turismo, Alicia Pombo traballa na recompilación e elaboración dun informe que deberán presentar na Consellería de Turismo como paso previo para obter a distinción.

{flowplayer}barbanza/intereseturisticonoia.flv{/flowplayer}

Trátase dunha tarefa laboriosa, pero que, segundo explicou Pombo, xa se atopa bastante avanzada. Por tal moito, esperan que no prazo máximo de dous meses o documento poida estar xa rematado. Posteriormente, debería ser aprobado polo pleno da corporación local antes de remitilo a Xunta para a súa aprobación polo comité evaluador correspondente.

Se todo vai segundo o previsto, Noia xa podería gozar deste título de municipio de interese turístico a finais deste ano.

Redacción Barbanza