Amplo e variado programa cultural para este verán na Pobra

    POBRA> Como en anos anteriores a programación para os meses de xullo e agosto irá destinada a satisfacer os gustos tanto de pequenos coma de maiores. Co gallo de dinamizar a oferta lúdica na Pobra de cara o verán, a concellería de Cultura deseñou un amplo e variado programa de actividades para os meses de xullo e agosto que van dende a música, ós obradoiros, pasando polo baile ou o teatro. Segundo explicou a propia edil, Genoveva Hermo, as actividades irán destinadas a todo tipo de públicos, tanto pequenos coma maiores Na organización dalgunha destas actividades o Concello conta coa colaboración doutras Administracións, como é o caso da Xunta de Galicia dentro do programa ‘Cultura no camiño’ ou a Deputación da Coruña a través dos seus circuitos culturais como é o caso do Cine na Rúa.