González di que Agamar o emprega para agochar os seus fraudes

    fotobenitocopia.jpgVILAGARCÍA> Asegura que a denuncia de Agamar, é unha cortina de fume para agochar un posible fraude millonario levado a cabo por este sindicato.

    {flowplayer}images/salnes/RespostaBenitoAgamar.flv{/flowplayer}

    Un fraude millonario que consistiría na organización de cursos que nada teñen que ver coa baixura, con persoas que figuran nas listas pero que negan ter asistido e cunhas axudas recibidas que en catro anos superan o millón de euros. Con estes datos, xunto con outros que fan referencia a un cambio de vehículo por parte da Presidenta de Agamar, o Presidente da Federación Galega de Confrarías, persoarase tanto administrativa como xudicialmente contra esta Asociación, pois segundo asegurou, está farto de que empreguen a súa imaxe para escocharse.

     Uns 1200 euros mensuais, segundo dixo esta mañá, é aproximadamente a remuneración que percibe da Federación. Con tódalas dietas incluídas. Tamén fixo referencia o presidente, ó que é o secretario xeral de Agamar, e patrón maior da Pobra, quen tamén será investigado.

    González estivo acompañado nesta comparecencia por varios patróns maiores da ría de Arousa que amosaron o seu apoio ó presidente.

    O tamén é o patrón maior de Cambados, dixo ademais que as cantidades que cobra son públicas e están ratificadas polos membros da xunta xeral, polo que non entende o acoso esta organización está a levar a cabo contra a súa persoa.

    Tamén asegurou que manterá a súa actividade como presidente á marxe de calquera presión mediática que se queira manter contra el. En canto á fianza, dixo o presidente, non é certo que tivera que abonala, ata o vindeiro mes de marzo está aberto o proceso para que presente a documentación que lle foi requirida, e será a partir de aí cando se estableza se hai fianza ou non.

    Redacción Salnés