Un millón de euros para rehabilitar o Mosteiro de Armenteira

    louzan_copia100.jpgMEIS> A rehabilitación deste patrimonio realizarase entre a Deputación e a Xunta. Rafael Louzán, visitou esta mañá o Mosteiro para comprobar o seu estado.

    {flowplayer}images/salnes/ARMENTEIRA.flv{/flowplayer}

     Comeza a segunda fase de rehabilitación do Mosteiro de Armenteira, tralas obras realizadas durante a presidencia de Don Manuel Fraga na Xunta. As reformas contan cunha inversión de un millón de euros, e van ser acometidas, primeiro pola Deputación de Pontevedra e despois polo executivo autonómico.

    Segundo afirmou Rafael Louzán, a Deputación vai investir máis de 200.000 euros na limpeza dos líquenes. Espera que as obras terminen nun curto período de tempo.

    O alcalde de Meis, sinalou que xa era hora de que se acabase co lamentable estado do Mosteiro.

    Tamén se van realizar actuacións para mellorar o acceso a este patrimonio de Armenteira. Despois de comprobar o estado do Mosteiro, o presidente da Deputación, o alcalde de Meis, e o delegado da Xunta, visitaron os terreos onde se vai construír unha pousada.

    Redacción Salnés