Continúa a normalidade en Ravella logo do pleno de onte

    foto_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> A Alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García e outros dous concelleiros tamén socialistas, Marcelino Abuín e Manuel Cuervo,…

    …ofreceron esta tarde unha rolda de prensa para aclarar a súa postura no pleno celebrado onte en torno ós proxectos a incluír nos fondos anticrise do estado.

    O PSOE ratificou que a obra demandada polos veciños de Rubiáns, a adecuación do Campo do Souto, vai a realizarse finalmente pero con cargo a outros orzamentos; o que significa unhas mellores garantías para adecuarse ás demandas veciñais. A maiores a alcaldesa anunciou unha próxima reunión cos veciños de Rubiáns para rematar de definir este proxecto.

    Como saben, esta obra foi precisamente o punto de desencontro entre o partido socialista e os demais grupos con representación. O PSOE restou importancia á situación de desacordo co seu socio de goberno, o BNG, ó entender que o punto de discordancia só supón un 7% do orzamento do global do proxecto.

    Porén, aseguran que en Ravella a normalidade está restablecida tal e como se puxo de manifesto na xuntanza ordinaria celebrada esta mañá entrámbalas dúas partes.

    Pola súa banda, o concelleiro Marcelino Abuín denunciou á actitude do Partido Popular no pleno, sinalando que o PP é contrario á calquera tipo de progreso neste concello. Abuín lembrou a negativa dos populares ó progreso tanto nesta ocasión como noutras anteriores; como cando se debateron en pleno os proxectos Luz Salgada e Arousa 21; ou a idoneidade de crear un centro comercial en Ande, Rubiáns.

    Redacción Salnés