Unha mariscadora de Rianxo denuncia á presidenta da agrupación por unha presunta agresión

    denunciamariscadorasrianxo_100_050210.jpgRIANXO> Unha mariscadora de Rianxo denunciou á presidenta da agrupación, Vicenta González, por unha presunta agresión. Segundo a denunciante, Vanessa Seco, a representante do colectivo propinoulle unha paliza sen mediar palabra nin ter acontecido unha discusión previa. Atribúe os feitos ós conflitos anteriores que subxacen dende hai anos no seo da confraría, entre parte da directiva e o denominado sector crítico.

    {flowplayer}barbanza/denunciamariscadorasrianxo.flv{/flowplayer}

    Os conflitos entre as mariscadoras da confraría de Rianxo non sorprenden xa que hai anos que existen dous sectores enfrontados polo sistema de reparto dos beneficios. Sen embargo, esta semana tomaron un cariz máis dramático coa suposta agresión denunciada por unha das traballadoras, Vanessa Seco.

    A raíz desta agresión, Vanessa permanece de baixa con lesións na espalda e nas cervicais. Pero o peor son os danos psicolóxicos posto que dende que recibiu a paliza tivo que marchar a casa dos seus pais e apenas se atreve a saír á rúa nin tan sequera a deixar á súa flla na gardería.

    Campaña de apoio

    Tras denunciar a agresión ante a Garda Civil, Vanessa e un grupo de compañeiras críticas coa xestión da actual presidenta iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas para esixir á Consellería do Mar que tome cartas no asunto.

    E é que, segundo denuncian, na actualidade non se están a cumprir moitos dos puntos contemplados no Plan de Explotación xa que non se realizan os controis nin se está a sementar o marisco sobrante.

    Pero ante todo, o que pide Vanessa é respecto para poder exercer o seu traballo con dignidade e sen medo.

    En mans da xustiza

    Pola súa banda, a presidenta da agrupación de mariscadoras, Vicenta González, declinou facer declaracións ante os medios xa que prefire deixar en mans da xustiza a resolución dos feitos.

    Redacción Barbanza