Entra en funcionamento a autovía de O Salnés

    MEIS > A autovía de O Salnés xa está aberta ó tráfico dende esta tarde, cando entraron en servizo por completo os catro carrís que conforman a infrastutura .

    Á súa inauguración oficial acudiu esta mañá Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e maila Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride. Con esta nova vía, os milleiros de vehículos que ata o de agora tiñan que soportar continúas colas pola alta densidade do tráfico, poderán realizar máis rápido ó seu percorrido ó longo dos 17 quilómetros cos que contra a autovía.

    Dous anos despois de comezados os traballos, a antiga vía de alta capacidade do Salnés xa é autovía. Ás sete desta tarde comezaron a estar totalmente abertos ó tráfico os catro carrís que conforman a autovía, que contará con tres carrís nalgúns puntos do seu trazado, en concreto, ó seu paso polo concello de Meis. En total son 17 quilómetros de estrada que unen os concellos de Barro e Sanxenxo. O Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a Conselleira de Política Territorial, estiveron esta mañá acompañados polos alcaldes das vilas da comarca polas que discorre a obra. Pérez Touriño subliñou que con esta autovía, feita totalmente con capital galego, se dá un paso máis na modernización da comunidade, que lle permita deixar de estar na periferia da meseta.

    Ademais a autovía non é para a Xunta un punto e final, senón un punto e seguido na vertebración das comunicacións do Salnés, xa que están en estudo informativo a continuidade da infraestrutura cara a AP-9 e cara o Concello de O Grove. O xefe do executivo galego tamén lembrou esta mañá que coa autovía do Salnés xa son 57 o número de quilómetros de autovías libres de peaxe en Galicia, e que cando remate este ano se porán en servizo outros 80 quilómetros máis. Suporán, coma no caso da de O Salnés, unha mellora necesaria na accesibilidade, mobilidade e seguridade dos condutores.

    Redacción Salnés