Os cambadeses vólcanse co Sorteo do Neno

    CAMBADOS> A lotería de Nadal a penas deixou algunha pedrea nas Rías Baixas, co que a cidadanía volve a probar sorte co sorteo do Neno. Moitos cidadáns acudían hoxe ás administracións de lotería para intentar comezar o 2014 como millonarios. En Galicia só caeron 4.87 millóns de euros no sorteo da Lotería Nacional deste domingo. E é que a sorte non se quixo deixar ver máis que pola comarca do Rosal, onde se vendeu unha serie do primeiro premio, o 62.246. Logo houbo varios premios soltos que recaeron en varias localidades galegas amais dalgunha pedrea, como un quinto premio vendido na Administración do Centro Comercial A Barca, de Poio; ou a comarca do Ulla-Umia onde foron parar 700.000 euros grazas a varias terminacións do primeiro, segundo e terceiro premio. Cabe salientar tamén as participacións que repartiron desde Protección Civil de Vilagarcía, que volveron a ciscar sorte pola comarca, propiciando o premio duns 60.000 euros; cen euros ó décimo. Onde tamén estivo a piques de tocar o Gordo foi nesta Administración número 1 de Cambados. Por un só número os cambadeses non son hoxe millonarios. E tralo intento fallido da Lotería de Nadal, os cambadeses buscan sorte agora co sorteo do neno. O certo é que todos os números van ó bombo e contan cas mesmas posibilidades de saír, pero así é todo, a realidade é que hai unhas preferencias ben marcadas. A maioría dos que nos encontramos hoxe ás portas desta Administración número un de Cambados case nunca lles tocou moito máis que o reintegro, con todo, a esperanza é o último que se perde. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/loteria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/loteria_nadal_231213.mp4{/flowplayer}