Catro grupos participarán no festival ‘Falo rock. Escoito rock’

    falo_galego_copia100.jpgVILAGARCÍA> Os concertos celebraranse o día 20 ás 10 da noite e terán lugar na praza da Peixería. A entrada é de balde.

    {flowplayer}images/salnes/FALO_ROCK.flv{/flowplayer}

    O festival Entroirock, celebrado o pasado ano, amplía no 2010 o seu formato para converterse nun evento que mestura música, mercado e zona de xogos. O festival cambia o seu nome Falo Rock. Escoito Rock. Trátase dunha iniciativa posta en marcha a través das concellarías de Cultura, Xuventude e Turismo. Poderase disfrutar dende as 6 da tarde de actividades.

    O obxectivo deste evento é difundir o nome de Vilagarcía pero tratando de achegarse a tódolos públicos e gustos.

     Os concertos dos catro grupos participantes, darán comezo ás dez da noite. Rif Raf, A Sacho, Renegados del Funk e To Nowhere, subiranse ó escenario para Falar Rock.

    Pero isto non remata aquí. Na Praza da Peixería habilitarase un mercadillo alternativo e unha zona reservada para o último berro musical dentro do mundo dos videoxogos a través do simulador Guitar Hero.

    Redacción Salnés