VILAGARCÍA > A Asociación de Veciños San Xinés de Bamio, en Vilagarcía, reclama que se lle retiren as vías do tren ó seu paso por esta parroquia, …
…unha vez que estea operativa a nova liña do AVE. Tal e como e como se recolle no Estudio de Impacto Ambiental, o Ministerio de Fomento preferiu trazar a nova vía férrea de alta velocidade polo interior, por ser mellor medioambientalmente. Por tanto, unha vez que se execute, os veciños queren que só sexa esta vía a que siga funcionando, para evitar ese impacto do que falan os técnicos.
Agora que hai moitos concellos que están pedindo que se manteña o servicio de cercanías, os veciños de Bamio non se opoñen o mesmo, pero queren que transcorra pola mesma vía que o AVE.
Unha vez retirada a vella vía, os veciños xa teñen pensado novos usos para este espazo, recuperándoo así para a utilidade pública. Estes veciños xa se puxeron en contacto cas administracións competentes, das que obtiveron boas palabras e promesas pero nada por escrito. Malia todo, descartan emprender calquera tipo de mobilización posto que é moi cedo.
Redacción Salnés