Marisco e peixe, os produtos favoritos para engalanar a mesa por Noiteboa

71

VILAGARCÍA> Estamos en Noiteboa. As prazas de abastos e os mercados foron nesta xornada un ir e vir de xente na procura dos mellores produtos. O peixe e o marisco, como manda a tradición, do máis demandado.

Nunha noite como esta todo sabe ben, pero sempre hai viandas que prestan máis que outras. Os peixes e os mariscos son, como sempre, do máis demandado. E claro, a máis demanda, tamén máis prezo. Nas últimas horas previas á cea de Noiteboa moitos deles dispáranse.

Outro clásico destas datas é o bacallau. A pesar de que segue a ser un prato moi típico e amplamente estendido nunha noite como a de hoxe, o seu prezo mantense. Andaba hoxe entre os 10 e 15 euros.

Os mercados e prazas de abastos foron hoxe un ir e vir de xente na procura dos mellores produtos cos que deleita-los padais dos familiares máis exquisitos. A última hora desta mana na praza de Vilagarcía xa escaseaban algúns produtos do mar. Nun día como hoxe, quen máis e quen menos aproveita para bota-la casa por fóra. Porque, como se di nestes casos, máis vale que sobre cá que falte.

E é que xa se sabe, a Noiteboa é sinónimo de reencontros, tempo en familia e, por suposto, unha boa paparota.