Sabedoría e experiencia para despegar novos proxectos empresariais

    seniorcamaravilagarcia_100_031106.jpgVILAGARCÍA > A Cámara de Comercio recupera a colaboración dos sénior para apoiar a emprendedores

    … Dous socios de SECOT, colectivo que aglutina e xubilados e prexubilados, estarán a disposición do organismo para aplicar a súa experiencia á posta en práctica dunha idea empresarial.

    seniorcamaravilagarcia_200_031106.jpgAplicar a sabedoría e experiencia para axudar a despegar unha idea empresarial. Esta será a función dos dous sénior da asociación SECOT que colaborarán coa Cámara de Comercio de Vilagarcía. O organismo presentou hoxe a ós xubilados Pío Moa e Rafael Martínez, ambos profesores mercantís, o primeiro traballou toda a súa vida como apoderado en Caixanova, e o segundo foi director financeiro dunha multinacional. ‘Non podemos perder ese capital de coñecemento e de experiencia e por eso queremos canalizar este traballo altruísta’, sinalou o presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Carlos Oubiña.

    Pío Moa e Rafael Martínez veñen a continuar coa labor iniciada polo anterior sénior da Cámara Félix Pérez. Eles tamén se denominan sénior porque din que antes que vellos, son xente xovial. Este proxecto permítelles sentirse útiles para a sociedade, xa que compartindo a súa sabedoría contribúen á creación de postos de traballo. Do que se trata é de complementar a súa experiencia coa impulsividade da mocidade.

    Redacción Salnés