O Arosa recibe a súa merecida homenaxe no concello

    O alcalde Tomás Fole e varios membros da corporación recibirion no salón nobre do consistorio a directiva, plantel e corpo técnico. Logo saíron ata o balcón de Ravella para adicarlle unhas palabras os afeccionados que alí se congregaron.

    {flowplayer}images/salnes/RecepcionArosa_060613.flv{/flowplayer}Unha homenaxe en toda regra, como se dun equipo de Primeira División se tratara. A comitiva do Arosa chegou a Ravella onde lle agardaban case 200 afeccionados e metéronse no concello atravesando o pasillo que lle fixeron os rapaces dos conxuntos da base. Xa no consistorio e tras un primeiro recibimento de Tomás Fole ó presidente Manuel hablo e ó adestrador Piscis, o alcalde saudou a cada un dos xogadores no salón nobre do concello, felicitándolles polo seu ascenso á Terceira División. O presidente quixo agradecer a labor desenvolvida pola directiva e o apoio dos principais patrocinadores. Di que para o ano o obxectivo é seguir medrando e chegar ós 2.000 socios. O que seguro estará a vindeira temporada é o adestrador Piscis, que comprometeuse diante dos afeccionados a continuar unha tempoarada máis á fronte do equipo. Tamén houbo momento para os agradecementos do xogadores, tanto do capitán Adrián Camiño como de Jorge Comesaña, que con 43 anos abandona o futbol. A única nota negativa do acto veu dada pola ausencia dos grupos da oposición. Dende o PSOE, a voceira Tania García, lamentou que o goberno local non convidase a ninguén.