BOIRO> O concello repartiu unha enquisa entre os afectados polo Plan Parcial de Cabo de Cruz para que valoren a súa continuidade ou a súa paralización.
{flowplayer}barbanza/enquisaplanparcialcabo.flv{/flowplayer}
Nunha xuntanza que tivo lugar a pasada semana, o edil de Urbanismo, Xoán León informou aos máis de trescentos propietarios afectados polo plan parcial crucense que poderán escoller entre tres opcións: a paralización do plan, a aprobación definitiva da reparcelación que se está levando a cabo na actualidade e a continuidade ata o proxecto de urbanización.
Segundo explicou León, os afectados terán un mes de prazo para cubrir a enquisa, que deberán depositar no rexistro municipal. Para cuantificar os resultados, terase en conta a opinión de cada propietario, pero non como individuo senón en función da superficie total da que é titular.
Crise económica
León apuntou que a actual situación de recesión económica e de parálise na construción é decisiva para continuar ou non co Plan Parcial de Cabo de Cruz. Con todo, o edil de urbanismo asegurou que calquera que sexa a decisión dos propietarios non afectará ó proceso de reparcelación, que continuará ata o seu remate, ao estar xa adxudicado.
Malia que agora a decisión de continuar ou non está na man dos propietarios, León insistiu en que o mellor xeito de asegurar un crecemento sostible e adecuado nesta zona boiresa e desenvolvento un plan urbanístico.
Redacción Barbanza