En marcha as obras para mellorar a accesibilidade no Malecón de Ribeira

RIBEIRA> Iniciadas as obras de accesibilidade nun treito do paseo do Malecón, en Ribeira. Instalarase unha varanda entre a zona do recheo e a avenida e dotarase de zonas verdes e ramplas de acceso nas zonas que o requiran.

A empresa Tarrío e Suárez iniciou as obras de mellora da accesibilidade entre o Malecón e o recheo portuario de Ribeira, no treito comprendido entre Rosalía de Castro  e a antiga estación de autobuses.

Os traballos, que suporán un investimento próximo ós 50 mil euros, consistirán na instalación de xardineiras a modo de varanda así como a construción de rampas para garantir a accesibilidade. Esta obra engádese a outros proxectos previstos na zona do Malecón como a instalación de días marquesiñas e a colocación dunha varanda no treito que vai dende Rosalía de Castro ó mercado municipal.

Dáse así cumprimento ós compromisos adquiridos con Portos posto que concello e Xunta colaboran na urbanización do paseo entre as Carolinas e o Malecón asumindo un treito cada administración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí