Ruíz nega a responsabilidade patrimonial do concello no caso da licenza da gasolineira de Xarás

RIBEIRA> Tenso pleno o vivido onte en Ribeira no que se dou conta da situación xurídica do expediente da gasolineira de baixo custo de Xarás. O alcalde sostivo que non existe responsabilidade patrimonial do concello.

Manuel Ruíz convocou a sesión extraordinaria para dotar de máxima transparencia o proceso xurídico no que se atopa inmersa a gasolineira de baixo custo de Xarás, despois de que unha sentenza declarase irregular a instalación ó estar emprazada en terreos afectados por un incendio.  Segundo explicou o rexedor, a xunta de goberno local outorgou no seu día a licenza seguindo os informes técnicos favorables polo que non houbo ningunha actuación iregular que implicaría a responsabilidade patrimonial do concello no caso dunha sentenza firme que anule a licenza.

O grupo máis crítico coa xestión do goberno neste asunto foi o PBBI que mesmo chegou a pedir a reprobación do alcalde.

O resto dos grupos insistiron en que esixirán responsabilidades polítticas no caso de que a sentenza sexa firme. Non así o PSOE que incidiu en que as responsabilidades políticas se depuran nas urnas. Con respecto ás xudiciais xa puxeron a documentación a disposición dos seus servizos xurídicos para emprender accións legais no caso de ser necesario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí