RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira inicia unha campaña de captación de socios da man do influencer Víctor Oujo. Trátase do principio dunha colaboración que busca dinamizar o tecido comercial e hostaleiro da vila a través das redes sociais de @vimanstyle.
A crecente sona de Víctor Oujo, máis coñecido como vimanstyle, levou á asociación de empresarios a aliarse co influencer de Aguiño para desenvolver iniciativas conxuntas. A primeira, xa en marcha, consiste nunha campaña de captación de socios que levará a cabo a través da súas redes sociais.
O obxectivo da asociación é seguir desenvolvendo futuras colaboracións para dinamizar o tecido comercial e hostaleiro grazas á gran repercusión de Oujo que acumula miles de seguidores nos seus perfís de Facebook e Instagram.











