A Mesa denuncia a multa a un rianxeiro por, presuntamente, reclamar atención en galego

RIANXO> A Mesa pola Normalización Lingüística faise eco da sanción imposta pola Delegación do Goberno a un veciño de Rianxo que, durante un cribado celebrado no centro de saúde da localidade o pasado mes de abril, reclamou ó persoal do mesmo ser atendido en galego, sen conseguilo. Dende a Mesa entenden que este feito é unha vulneración clara dos dereitos lingüísticos.

Aínda así, o trasfondo da denuncia vai máis alá, xa que o incidente provocado obrigou a ter que intervir á Policía Local que se personou no local a requirimento do propio persoal do SERGAS e de Protección Civil, que lle comunicaron da presenza dunha persoa que estaba alterando o normal funcionamento tanto do cribado como do servizo de urxencias.

Unha vez alí, e segundo informaron os propios axentes, o denunciado  mantivo cara os policías unha actitude altiva e de falta de respecto, razón pola que foi proposto para sanción por alteración da orde.

Dende a Policía Local insístese en que en ningún momento da intervención policial, a causa da mesma, nin tampouco da proposta de sanción, foi o idioma, senón que se debeu a unha falta de respecto ós axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.

O alcalde respalda a actuación dos axentes, dos que di, non actuaron contra o idioma.

–inserto

Haberá que ver agora como acaba esta historia e se a denuncia o final segue o seu curso. o rianxeiro enfróntase a unha multa duns 600 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí