BOIRO> A publicación realizada polo Concello remóntase xa ós anos noventa, pero por diferentes razóns deixou de editarse. Agora volve con forza, dedicando este novo número ó enterro do óso de Abanqueiro, unha peculiar tradición de entroido con máis de cen anos de historia.
O departamento de Cultura de Boiro volve a recuperar unha colección súa como son os ‘Cadernos Culturais’. A publicación, que pasou por diferentes etapas, levaba xa anos sen editarse. A temática deste novo número será o entroido, e máis concretamente o enterro do óso de Abanqueiro, unha tradición con máis de cen anos de historia.
A encargada da publicación é a educadora social Sara Roo, actualmente realizando as súas prácticas no Concello.
Aínda en fase de elaboración, dende o departamento de Cultura fan unha chamada á veciñanza que queira aportar información, fotos ou documentación sobre esta tradición. Poderán facelo a través do enderezo electrónico centrosocial@boiro.org, ou acudir ó Centro Social de Boiro.