A Bienal de Arte 2010 recalará no Porto de Vilagarcía

    bienal__vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O porto de Vilagarcía acollerá unha serie de intervencións artísticas no marco da Bienal de Arte 2010, …

    {flowplayer}images/salnes/bienal_arte.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O porto de Vilagarcía acollerá unha serie de intervencións artísticas no marco da Bienal de Arte 2010, que organiza a Deputación de Pontevedra.

    É a primeira vez que a mostra sae da capital da provincia e, amais do novo Museo Provincial e da delegación viguesa da Deputación, o recinto portuario vilagarcián será outro dos escenarios. Nesta edición, a Bienal leva por título Utrópicos e dedícase a Centroamérica e o Caribe. Os organizadores tiveron en conta o pasado ligado á emigración galega a América que tivo o porto arousán.

    Os artistas Federico Herrero, de Costa Rica, e Nano 4814, de Vigo farán unha intervención de tipo pictórico nas fachadas dunha das naves de carga do porto. O portorriqueño Chemi Rosado instalará unha rampla flotante de skate board na praia Compostela, mentres que o boirense Olmo Blanco decorará a pasarela que comunica a praia coa zona portuaria.

    Pola súa banda, o vigués Kiko Pérez pintará no Vello Almacén e tamén un contedor de carga que hai na Comandancia, que se acondicionará como sala de proxección. Alí poderanse ver traballos de Donna Conlon, Jonathan Harker ou Allora e Calzadilla, entre outros. A Bienal abrirá as súas portas a primeiros de xuño e poderase visitar ata setembro.

    Redacción Salnés