Unha sentencia defende a educación ‘inclusiva’ dunha menor discapacitada

    sentencia_catoira100.jpgCATOIRA> Alejandra Lobato, unha rapaza de Catoira con diversidade funcional, poderá continuar os seus estudos nun centro convencional.

    {flowplayer}images/salnes/sentencia_catoira.flv{/flowplayer}

    CATOIRA> Alejandra Lobato, unha rapaza de Catoira con diversidade funcional, poderá continuar os seus estudos nun centro convencional. Unha sentenza do Contencioso Administrativo de Pontevedra vén de anular a orde da Xunta que obrigaba á moza a escolarizarse nun centro de ensino especial. A súa nai, Mónica Sumay, celebrou esta vitoria da educación ‘inclusiva’.

    A familia de Alejandra lembra que a rapaza estivo escolarizada no colexio Progreso de Catoira desde pequena e que os problemas comezaron cando iniciou os seus estudos de secundaria. Mónica Sumay asegura que os docentes puxeron trabas para que un asistente acompañase a Alejandra nas clases. Reclamaron este asistente pero a resposta que tiveron foi unha resolución do delegado provincial de Educación de Pontevedra de entón para matricular a Alejandra nun centro de educación especial situado a 15 quilómetros da súa casa.

    O Contencioso Administrativo suspendeu entón cautelarmente esta orde e agora a sentencia é firme. Xunto con outro caso dun rapaz autista de Vigo, é a primeira vez que un tribunal galego recoñece o dereito dun menos con discapacidade a estudar nun centro convencional. Tanto a nai como a avogada da familia animan a outros pais na mesma situación a denunciar.

    Redacción Salnés