![]()
SALNÉS> Delfín Fernández xunto co alcalde de Meaño, Jorge Domínguez, visitou Simes e Xil, para ver a dotación de servizos e aceiras. Despois, o Subdelegado acudiu a Sanxenxo.
{flowplayer}images/salnes/MEANHO_SANXENXO_PLANE.flv{/flowplayer}
A visita ás obras do Plan E 2009, comezou en Simes e Meaño, onde a inversión para dotar a estes núcleos de poboación de servizos e aceiras, foi de máis de 135.000 euros. Despois, se desprazaron a Xil para ver as obras de Dotación de Servizos e Aceiras cun presuposto de preto de 122.000 euros, e a Ampliación e reforma Interior da Casa da Cultura, cun costo de case 126.000 euros. Para este ano, o concello de Meaño conta cun investimento de 591.000 euros, con cinco proxectos destinados ás novas tecnoloxías e educación.
Segundo adiantou Delfín Fernández, os proxectos xa están validados, 2 deles aprobados pola secretaría de estado. Está previsto que as obras comecen entre marzo e abril, xerando uns 30 postos de traballo.
O alcalde e o subdelegado do Goberno, tamén falaron de seguridade cidadá, e o estudo da posible creación dunha Xunta de Seguridade en Meaño.
Despois de Meaño, Delfín Fernandez, acompañado da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, visitou as dúas actuacións máis caras dos 32 proxectos aprobados para esta localidade. Trátase da obra de Servizos Urbanos e Pavimentación en Baltar-Andina, cun presuposto de case 436.000 euros, e o Acondicionamento da estrada Canteiras-Igrexa de Toalla, cunha inversión de 415.000 euros. Para o novo plan E, Sanxenxo xa ten preparadas 7 obras.
O subdelegado do goberno destacou que o Fondo Estatal de Inversión Local, permitiu, durante o 2009, dar emprego a 264 persoas e unha inversión de máis de 3 millóns de euros. Para este ano, sinalou, o concello de Sanxenxo vai recibir case 2 millóns de euros e vai ocupar a 33 persoas.
Segundo Delfín Fernández, estes proxectos van axudar a loitar contra a crise e a mellorar a calidade de vida. Está previsto que as obras comecen en abril.
Redacción Salnés








