CAMBADOS> Cambados celebrou a súa tradicional carreira de institutos. Máis de 400 alumnos dos centros Cabanillas e Asorey saíron a rúa para percorrer os 3 quilómetros e medio da ruta.
A carreira de institutos é unha proba con máis de 40 anos de antigüidade en Cambados. A iniciativa xurdiu do instituto Cabanillas e dende o 1993 participa tamén o Asorey.
Na actividade participan máis de 400 alumnos. O obxectivo é que os escolares gocen facendo exercicio.
A carreira divídese en 8 categorías. De 12 a 13 anos, de 14 a 15, de 16 a 25 e de 25 para diante. Dentro de cada rango de idade prémiase a homes e mulleres por separado. Unha fez finalizado o evento ten lugar a cerimonia de entrega de premios.
A ruta cambia cada ano dependendo de quen organice a carreira. A quenda este ano foi para o instituto Asorey que comezou na escalinata de San Tomé e rematou no propio centro educativo.