O PP denuncia a seria afectación do deslinde de costas en Meloxo

    meloxo_100.jpgO GROVE> O Partido Popular do Grove denuncia a pasividade do goberno local ante os graves prexuízos que vai a supoñer para varios veciños o…

    {flowplayer}images/salnes/070709_pp_grove_por_deslinde_costas.flv{/flowplayer}

    … novo deslinde de Costas do Estado. Segundo o seu portavoz, Miguel Ángel Pérez, este deslinde vai a afectar seriamente a puntos deste Concello, como é o entorno do Porto de Meloxo, sen que o Concello informase debidamente ós veciños sobre as variacións percibidas no estudio do departamento do goberno nacional. Ante esta falla de información, esta formación política leva un mes pedindo unha actuación urxente do consistorio para axudar os veciños nas súas posibles alegacións.

    O máis grave de todo, segundo o PP, é que o Concello local non informase debidamente á poboación, razón pola cal reclama a convocatoria dunha xunta de portavoces urxente na que se aborde este asunto e as súas posibles solucións.

    Con todo, desde o Partido Popular grovense teñen constancia como moitos veciños acudiron á Pontevedra para informarse do grao de afectación deste estudio; antes de que expirase o prazo de exposición pública.

    Redacción Salnés