Macroproxecto de Telmo Martín para Portonovo

SANXENXO> Importante e ambicioso proxecto de humanización e reordenación, o que ten Telmo Martín para Portonovo. Unha mellora dividida en tres núcleos que terá un custe duns 20 millóns de euros.

A mellora de Portonovo centra o interese de Telmo Martín para os vindeiros anos. Consciente da importante labor pesqueira da vila e do seu crecente interese turístico, o actual alcalde, encargou un anteproxecto que permita ver a localidade coa mellor das súas caras.

O executivo está mantendo reunións con diversos colectivos e veciños da vila para amosarlles o anteproxecto e ver cal sería a aceptación de esta macro remodelación que suporía unha importante mellora en diferentes aspectos.

Si esta primeira toma de contacto goza da aprobación da maioría iniciaríase un proceso, que segundo Martín podería chegar a durar dous mandatos e custar uns 20 millóns de euros.