Volve o Festival Entrebateas á Pobra do Caramiñal

A POBRA> Volve o Festival Entrebateas na Pobra do Caramiñal. Terá lugar esta próxima fin de semana, en dobre xornada, o venres e o sábado. No cartel grupos de renome dentro do rock, o hardcore e o metal como é o caso de Koma, Toundra ou Aphonnic, entre outros. A entrada ó festival e a zona de acampada serán gratuítas.

Os amantes do rock, o hardcore e o metal terán unha cita esta vindeira fin de semana na Pobra do Caramiñal coa celebración da cuarta edición do Festival EntreBateas. Arrancará o venres cunha sesión en catamarán, a partir das cinco da tarde, con música en directo e degustación e cata a cargo de  Bodegas Lodeiros.

As oito arrancaran os concertos na Praza Maior coa actuación de Toundra, Aphonnic, Grilo e Atomic Zeros.

Xa o sábado tocaralle o turno a Koma, grupo cabeza de cartel nesta edición, Escuela de Odio e Strikeback

Dende o Concello volve a apostarse por este festival co fin de consolidalo coma unha das citas de referencia, non só na comarca, senón tamén en todo o ámbito nacional.

Un ano más, a entrada ó festival e a zona de acampada, que estará situada no pavillón municipal de Venecia, serán gratuítas.