O concello pobrense homenaxeará ós centenarios no xantar dos maiores

POBRA> A partir do luns, os interesados xa poderán anotarse á comida que este ano terá lugar o vindeiro 24 de abril. O próximo luns 16 de marzo abrirase o prazo para poder anotarse no xantar da terceira idade da Pobra que terá lugar este ano o venres 24 de abril. Os interesados deberán pasar polas oficinas do concello en horario de cinco a oito da tarde, de luns a venres. Dende o goberno local agardan a que na festa, que este ano chega á súa décimo sexta edición, participen unhas mil persoas, un número similar á de anos anteriores. Como novidade este ano destaca a homenaxe que se lle tributará ese día ós centenarios da localidade. Como en edicións anteriores, para poder asistir ó xantar terán prioridade os veciños do concello, aínda que de haber prazas poderán anotarse tamén persoas doutros municipios limítrofes.