Malestar no pósito rianxeiro trala negativa da Xunta a autorizar o seu criadeiro de semente

RIANXO> A Confraría agarda un cambio de postura por parte da consellería de mar que permita poder empregar a batea, onde se fan os controis ós mariscadores, como zona de engorde para a semente de ameixa.

Esta batea, empregada actualmente como punto de control de marisco, situada fronte á fachada marítima da vila, é o lugar escollido polo pósito rianxeiro para instalar nela un punto de preengorde para a semente de ameixa, destinada posteriormente a sementar os seus bancos marisqueiros.

Pero o proxecto quedouse polo de agora paralizado pola negación da autorización por parte da consellería do Mar. Unha decisión que causou un gran malestar no pósito rianxeiro, que agarda agora unha rectificación na postura.

Dende o pósito sinalan da importancia desta iniciativa, xa que traería grandes beneficios para a confraría.