A devoción polo Nazareno congregou na Pobra a milleiros de persoas

A POBRA> Como cada ano, a procesión do Nazareno atrae ata  A Pobra  a miles de fieis. Numerosos ofrecidos e catro ataúdes acompañaron ó Santo no seu percorrido pola vila que se prolongou ata mediodía.

A Pobra viviu esta fin de semana un dos días máis emotivos do ano coa procesión votiva das mortallas. O Nazareno saída pasadas as dez e media da mañá da igrexa de Santiago do Deán acompañado dunha multitudinaria comitiva. Entre eles, catro cadaleitos e numerosos ofrecidos que quixeron así amosar a súa devoción polo santo tras ser superado algunha doenza.

A maior parte deles ían ataviados con túnica morada e algúns realizaron o percorrido descalzo. Un percorrido por todo o casco urbano da Pobra que realizou a súa tradicional parada na Covecha na que os veciños puideron achegarse a tocar o manto do Nazareno. Aínda que a xornada máis multitudinaria e emotiva foi onte, hoxe continuaron os festexos. A orquestra París de Noia e un innovador espectáculo de xogos de artificio de drons porán o mellor broche ó Nazareno.