Unhas dúas mil persoas participarán no Desfile do Momo

momo100.jpgVILANOVA> Non sabemos inda quen será o Momo este ano pero si que probablemente se superen os 2.000 participantes no Desfile do día 21.

{flowplayer}images/salnes/momo.flv{/flowplayer}

VILANOVA> Non sabemos inda quen será o Momo este ano pero si que probablemente se superen os dous mil participantes no Desfile do domingo 21, a partir das cinco da tarde.

Acompañando á carroza do Momo irá a da raíña do Entroido, de novo Cristina Leiro, e comparsas vidas de diferentes lugares de Galicia. Repiten a de Tomiño, con 90 compoñentes, Os Remolóns de Vilagarcía ou os da Baña e tamén as vilanovesas Vellas Glorias e Golfiños e as charangas OT e Morreu Anxelo. Isto no Momódromo, entre o público esperan unhas 15 mil persoas.

No desfile do Momo tamén repite este ano o showman televisivo Xacobe Pérez, que radiará o paso das comparsas desde o balcón do concello. Ese día restrinxirase o tráfico no centro de Vilanova e habilitaranse zonas de aparcamento no Terrón e no Cabo. O desfile rematará coa queima do Momo no peirao é coa verbena do grupo D’Tacón.

De novo haberá velorio este ano. O día 20, ás oito e media da noite concentraranse na praza do Concello as choronas e as charangas. Tamén haberá degustación de filloas e orellas, queimada e viño tinto. Como novidade, actuará a Escola de Teatro Valle Innova.

O Momo é a festa máis grande de Vilanova e a presentación tiña que estar acorde. O acto celebrado onte á noite na Casa de Cultura do Esteiro estivo amenizado pola comparsa Vellas Glorias, que lle dedicou algunhas coplas ás autoridades locais.

Redacción Salnés