Un Vilalonga con baixas no ataque e un Céltiga con novo adestrador

vilalonga250.jpgSALNÉS> O Vilalonga recibe ó Bergantiños con baixas importantes no ataque. No Céltiga, pola súa parte, xogará na casa ante o Narón no que será o debut de Antonio Vázquez ós mandos do conxunto da Illa. En Preferente Sur, a xornada preséntase interesante.

Saúl perfílase como único dianteiro para o encontro do Vilalonga ante o Berganitños. As lesións de Machu e Miguel fan que Gabi leis teña que improvisar unha liña de ataque. A recuperación de Melchor podería devolver ó extremo esquerdo ó ex de Portonovo no sitio dun Saúl que se iría á punta. Cambios importantes para o cadro celeste nun partido que queren gañar a toda costa, xa que levan tres semanas sen faeclo e non queren meterse en problemas.

Fronte a eles un Bergantiños que se ven recuperando e a semana pasada foi quen de arrrancarlle un empate ó Cerceda. Ademais ós de Carballo sempre se lles deu ben San Pedro. Das nove veces que se enfrontaron tan só en dúas ocasión s gañaron os celestes. Sarró será baixa tamén na zaga local por sanción.

DEBUT DE VÁZQUEZ

No Céltiga afrontan un partido para o que é difícil facer pronósticos. Ó plantel afectoulle a marcha de Pablo Vázquez e a resposta que terán sobre o terreo de xogo é impredecible. Niso traballou duarante as dúas primeiras sesións de adestramento Antonio Gómez, que quere que os seus xogadores recuperen canto antes as boas sensacións.

Con todo, o rival do domingo, o Narón, chega terceiro na táboa, situado nunha cómoda posición. O encontro é sen dúbida moito máis importante para os da Illa. Se gañan farán historia xa que o Narón sempre que visitou o Salvador Otero, sempre venceu, agás nunha ocasión no que os celestes arrancaron un empate.

XORNADA INTERESANTE

Na Preferente Sur tamén nos agarda unha xornada interesante. Por arriba Portonovo e Sanxenxo seguirán loitando por manterse nos postos de privilexio. Os de Baltar visitan ó sempre complicado Rápido de Bahía, nun dos tres partidos adiantados ó sabado, mentres que os amarelos xogan no campo de outro aspirante a loitar polo ascenso como o Pontellas. Calucho non poderá contar con Suso Bea.

Mentres, o Arousa, coa baixa de Nelo, terá unha visita a priori cómoda ante o Covadonga, tamén mañá pola tarde ás 5 menos cuarto. O rival dos vilagarciáns tan só gañou un dos últimos quince partidos que disputou. Xa o domingo o Cabamos visita ó pechacancelas Nogueira de Ramuín sen Fran e Dani Abal. O Ribadumia recibe na Senra a partires das 4 e media da tarde ó Barbadás, coas importantes ausencias de Samu e Manu Sieiro.

Redacción Salnés