![]()
VILANOVA> O alcalde reuniuse co Xerente de Atención Primaria para comentar a inclusión do servizo de extracción de sangue no ambulatorio de Baión.
{flowplayer}images/salnes/SAUDE_VILANOVA.flv{/flowplayer}
O alcalde vilanovés sinalou que o servizo sanitario na localidade mellorou moito nos últimos 6 meses, especialmente, no centro de saúde de Baión. Gonzalo Durán, mostrouse moi satisfeito pola introdución do servizo de extracción de sangue, que evita que os cidadáns se despracen dúas veces á semana a Vilagarcía.
O Xerente de Atención Primaria, Manuel Castro, sinalou que o alcalde lle solicitara este servizo a principios de xaneiro e que en pouco tempo, comezou a funcionar.
Castro informou a Durán que se vai cursar unha solicitude para que o centro de saúde de Vilanova acolla un servizo de formación de residentes de medicina familiar e comunitaria.
O alcalde pediulle ó xerente a recuperación do servizo do médico de tarde que están solicitando máis de 500 veciños, que se eliminou co bipartito.
Redacción Salnés






