Residentes de Obre esixen calidade no subministro eléctrico

carenciassuministroluzobre_100_160209.jpgNOIA> Levan anos aturando constantes cortes de luz e baixadas de tensión por mor dunha deficiente instalación eléctrica que Fenosa non termina de amañar.

Levan máis de cinco anos padecendo carencias no subministro eléctrico, que se agravan durante o horario nocturno ou, como nestes últimas semanas, cando o frío fai acto de presencia. Unha gran parte dos residentes na parroquia noiesa de Santa María de Obre xa están fartos de non poder utilizar os aparatos eléctricos e de ter que asumir arranxos innecesarios nos electrodomésticos por mor das constantes baixadas de tensión.

{flowplayer}barbanza/carenciassuministroluzobre.flv{/flowplayer}

Ademáis de nas vivendas particulares, esta problemática tamén a sufren as empresas emprazadas nesta parroquia, entre outras unha cafetería, unha conserveira e unha panaderia. Todas elas dependen da electricidade para o funcionamento do seu negocio.

Máis afectados

Saben ademáis que non son os únicos con estas carencias, que tamén afecta aos habitantes de Argalo e os que residen no concello veciño de Porto do Son. Perante a falta de resposta por parte da empresa que subministra o servizo eléctrico, os veciños afectados decidiron iniciar unha campaña de recollida de sinaturas.

Fartos de agardar solucións que non chegan, reuniron máis de oitocentas firmas que presentarán ó alcalde para os apoie nas súas reivindicacións.

Asemade, dende a empresa eléctrica xa anunciaron que nese núcleo de poboación xa está programada unha actuación para mellorar a calidade do subministro que consiste na habilitación dunha nova rede de media tensión.

Redacción Barbanza