Habilitan unha senda sen barreiras arquitectónicas no casco urbano

visitamurosaccesibilidade_100.jpgMUROS> O deputado provincial, Xoán Manuel Sande, visitou Muros para ver o resultados das obras que contaron co asesoramento de COGAMI.

 

O alcalde de Muros, Domingo Dosil, xunto a varios membros do equipo de goberno, acompañou ó Presidente da Comisión de Benestar Social da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, e ó Vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, no percorrido por distintas zonas co casco urbano da vila no que se desenvolveu este proxecto financiado integramente pola institución provincial cunha achega de preto dos 200 mil euros, incluída dentro do Programa de Eliminacion de Barreiras Arquitectónicas 2009-2010.

{flowplayer}barbanza/visitasandemuros.flv{/flowplayer}

Especial sensibilidade

As actuacións realizadas baixo este itinerario peonil que percorre a vila, dende a rotonda de Serres ata o porto, consistiron básicamente na mellora da accesibilidade a distintos inmobles de titularidade municipal e o seu contorno máis inmediato, entre as que figuraban a instalación de rampas de acceso ou a creación de prazas de aparcadoiro.

O rexedor muradán agradeceu tamén a especial sensibilidade da Deputación á hora de desenvolver este importante proxecto. Para poder desenvolver este proxecto o concello de Muros contou co asesoramento do equipo técnico de Accesibilidade de COGAMI.

Redacción Barbanza