Os 40 anos de vida da asociación vilagarciá ‘O noso lar’, resumidos nunha mostra fotográfica

VILAGARCIA> 40 anos de historia, resumidos nun feixe de instantáneas. A Asociación de Amas de Casa e Consumidores ‘O noso lar’ de Vilagarcía celebra as súas 4 primeiras décadas de vida cunha exposición fotográfica na que se recollen algúns dos momentos máis célebres da súa traxectoria. Pódese visitar dende hoxe no Auditorio da cidade.

40 anos resumidos entre estas catro paredes. A Asociación de Amas de Casa e Consumidores O Noso Lar xuntou centos de fotos da súa historia para celebrar a súa traxectoria. Naceu no ano 79 e, dende aquela, foron moitas as vivencias das súas socias. Algunhas delas quedaron agora recollidas nunha exposición fotográfica.

Unha das iniciativas da que máis presume o colectivo é o seu grupo de teatro. Foron varias as directoras que guiaron ás actrices nestas catro décadas. Unha delas, Viri, que tamén foi fundadora do Noso Lar, lembraba hoxe o seu paso polo grupo teatral.

Máis alá da vertente sociocultural, o colectivo tamén leva case toda a súa vida defendendo os dereitos dos consumidores. A mostra fotográfica pódese visitar no Auditorio de Vilagarcía ata o 24 de xullo.